Os produtos gastronómicos de Lugo dan a Volta ciclista a España

Os produtos gastronómicos de Lugo dan a Volta ciclista a España

…E para comer, Lugo é a marca da gastronomía e hostalaría lucense

A campaña de promoción gastronómica ...E para comer, Lugo repite experiencia na Volta ciclista a España 2014 e divulga as virtudes dos produtos gastronómicos e máis da hostalaría da provincia nas distintas localidades polas que pasa esta cita deportiva que se desenvolve ata o 14 de setembro. Un posto na caravana ciclista é o elemento central para esta campaña.

Deportistas, xornalistas, turistas e veciños en xeral achéganse deste xeito á gastronomía lucense, con produtos como as Fabas de Lourenzá, produtos de Porco Celta, viños da Ribeira Sacra ou queixo do Cebreiro.

Comparte...