A profesora e estrela Michelin Beatriz Sotelo, na Festa do Melindre de Melide

A profesora e estrela Michelin Beatriz Sotelo, na Festa do Melindre de Melide

A estrela Michelin  e docente do centro de formación profesional Efa Piñeiral Beatriz Sotelo liderou a presentación das elaboracións que o centro educativo de Arzúa realizou o domingo 14 no transcurso da Festa do Melindre.

 #QuéRico, #DoceRico e Cupcakes con crumble e masa de Rico son as sobremesas que  se puideron degustar ou mercar no evento, que arrancou ás 11 da mañá e se puido visitar ata as 19 horas. Asemade, durante toda a xornada houbo demostracións de repostaría a cargo das docentes e do alumnado do ciclo de formación profesional Panadaría, Repostaría e Confeitaría.

O programa de actividades deu comezo ás 11 da mañá. Ata a unha do mediodía, houbo unha demostración de decoración de doces, a cargo de alumnado e das docentes de Piñeiral, Susa Estévez e Beatriz Sotelo. Ás 13.00 horas, a Festa do Melindre continuou coa degustación gratuíta de #QuéRico, sobremesa xeada elaborada con Fariña de Rico Melide.  Xa pola tarde, ás 16 horas, o público asistente puido ver unha demostración de decoración de doces con a cargo de alumnado e das docentes do centro de educación Piñeiral Susi Estévez e Beatriz Sotelo.

Ás seis da tarde deu comezo unha degustación gratuíta de #QuéRico, sobremesa xeada elaborada con fariña de Rico de Melide.

Ao longo de toda a xornada houbo postos para poder mercar estes e outros produtos.

Comparte...