Portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, o 1 e o 2 de xuño

Portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, o 1 e o 2 de xuño

Turgalicia organiza o 1 e 2 de xuño as II Xornadas de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia.

Trátase dunha oportunidade moi especial para coñeceren máis a fondo toda a cultura que rodea os viños da Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras.

Un total de 66 adegas das 5 denominacións galegas organizarán catro visitas guiadas o sábado e unha o domingo, en horario de mañá e tarde, para mostrar os seus segredos. Recoméndase confirmar dispoñibilidade coa adega correspondente.

Numerosos restaurantes dentro destas Rutas súmanse á iniciativa ofrecendo menús especiais, maridados con viños galegos da correspondente Denominación de Orixe (a 25 euros, adultos, e 10 euros, nenos). E tamén haberá estancias a prezos aquelados en establecementos de hospedaxe.

En cada unha das rutas tamén haberá un  programa especial de actividades, como concertos o sábado día 1, visitas guiadas…

App enoturismo

Outra interesante novidade impulsada por Turgalicia dentro do Plan de Gastronomía de Galicia é unha APP gratuíta para distintos dispositivos, doadamente descargable a través dos termos ENOTURISMO GALICIA. Está dispoñible en galego, castelán e inglés.

Ruta dos viños de galicia localizacion participantes

Actividades xornadas portas abertas 2013

Ruta dos viños de galicia informacion

Comparte...