SETE Q DE CALIDADE A ADEGAS DA RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS

SETE Q DE CALIDADE A ADEGAS DA RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS

O Instituto de Calidad Turística Española (ICTE) fixo público que sete das once Q de Calidade outorgadas por vez primeira na categoría de Turismo Industrial corresponden a asociados da Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase da primeira ocasión na que este tipo de establecementos conseguen esta certificación.

As adegas da Ruta do Viño Rías Baixas que obtiveron estereconomiento son: Terras Gauda (O Rosal), Marqués de Vizhoja (Arbo), Coto Redondo-Señorío de Rubiós (As Neves), Eidos (Sanxenxo), Martín Códax (Cambados), Don Olegario (Cambados) e Zárate (Ribadumia). Xunto a elas certificáronse outras 4 adegas a nivel estatal.

A consecución da Q de Calidade supón non só a certificación da idoneidade das instalacións, senón tamén a calidade dos servizos turísticos prestados por estes establecementos enoturísticos xa que o ICTE valorou as características das instalacións propias destes espazos, incluíndo a súa xestión interna, os servizos prestados e os seus obxectivos de calidade, co fin de mostrar os seus procesos e o seu xeito, xerando experiencias baseadas na actividade industrial, científica e técnica do presente e do pasado.

Comparte...