QUEIXOS E MEL, A EXAME

QUEIXOS E MEL, A EXAME

17 meles e 13 industrias da  IXP Mel de Galicia, e 57 queixos das DOP Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro participan nas catas oficiais que se celebran no Centro Integrado de Formación Profesional, en Lamas de Abade (Santiago).
A cata dos meles celébrase en dúas fases, a primeira de Selección (ou Precata) e a Cata Final. En primeiro lugar, os sete expertos que conforman o panel analizarán as 13 mostras participantes na Categoría B, de meles multiflorais. Delas, as 6 mellor puntuadas pasarán á final.
A continuación, procederase á Cata Final, na que participarán os 6 meles multiflorais seleccionados e as 4 da Categoría A (monoflorais).
A cata de queixos tamén se realizará en dúas fases. Entre os aspirantes aos galardóns, 30 son da DOP Queixo Tetilla; 15, de Arzúa-Ulloa; 9, de San Simón da Costa; e 3, Cebreiro.

Comparte...