Catas con maridaje de queso, pan y vino en el I Fórum del Camino de Santiago

Con queixo, pan e viño andase o Camiño. Catas no I Forum do Camiño de Santiago

Baixo o lema “Con queixo, pan e viño ándase o CamiñoFairWay, o primeiro Forum do Camiño de Santiago que se celebra en Compostela do 15 ao 18 de outubro ofrecerá unha serie de catas con maridaxe coa participación de Vide Vide, a queixería Prestes, a panadería Divina e BenBo.

A primeira das catas terá lugar o próximo venres, nove de outubro, e na mesma poderán degustarse os “Sabores do norte”, cun percorrido polos camiños que comunican Santiago de Compostela e Europa (Camiño francés, do norte, inglés, primitivo, de inverno…) para achegarnos sabores de Francia e do norte peninsular.

Os viños e queixos serán os seguintes:

Escolinas lías 2013 albarín branco DO Cangas Asturias | Afuegal’pitu pementón

Bouzeron Villaine Aligoté 2011 Borgoña | Garrotxa cabra

Castrillo de Duero 2012 Alfredo Maestro VT Castilla y León | Payuelos semicurado

Malaspiedras 2013 DO Rioxa Euskadi | Idiazábal afumado

Coios 2012 DO Bierzo Xosé Lois Sebio | Cebreiro curado

Posteriormente, durante os días do Forum, haberá tres catas máis:

AROMAS DO ATLÁNTICO

Mércores 14 outubro

Percorrido polo Camiño Portugués, unha ruta en paralelo ao océano atlántico, que deixa a súa pegada nos produtos de Portugal e das rías galegas.

Viños e queixos:

  • Porto Niepoort Dry White | Acehúche cabra
  • Fossil 2012 Vale da Capucha Lisboa | Torta Serra da Estrela
  • As Bateas 2012 albariño Sanxenxo | Prestes azul
  • Goliardo caíño 2013 Rodrigo Méndez DO Rías Baixas | Capricho da Chaira Prestes
  • Moinho do Gato 2012 Douro | Touza Vella semicurado cabra

CATA DA PRATA

Venres 16 outubro

Percorrido pola Vía da Prata nunha cata moi diversa de sur a norte desde Andalucía.

Viños e queixos:

  • Collantes Amontillado Fino Xerez | Torta ovella Cañarejal
  • Couto Mixto 2012 branco DO Monterrei | Ibores cabra
  • Castro de Valtuille 2013 DO Bierzo Raúl Pérez | Sierra Sur mestura cabra e ovella
  • Tragaldabas 2013 rufete Sierra de Salamanca | Montequesos ovella curado
  • Casa del Inca 2011 Pedro Ximénez DO Montilla-Moriles Navazos | Payoyo de cabra

VARIEDADES DO DESTINO

Sábado 17 outubro

Achegándonos á meta, Santiago de Compostela, as distintas terras galegas que atravesamos ofrecen unha riqueza variada que ben paga a pena gozar como premio do camiño.

  • Cíes 2013 albariño DO Rías Baixas Rodrigo Méndez | Cebreiro fresco
  • Sábrego 2011 DO Monterrei X. L. Mateo | Prestes azul
  • Dpieiga Marcada 2014 Negueira de Muñiz | Capricho da Chaira Prestes vaca curado
  • Lalama 2011 DO Ribeira Sacra | O Rexo ovella curado
  • Super Heroe 2011 DO Ribeiro Xosé Lois Sebio | San Simón curado Prestes

Todas as catas terán lugar ás 20:30 horas, no local de Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, n° 10, Santiago de Compostela)

O prezo por persoa e cata é de 25 € (desconto a 20€/cata por 2 catas ou máis)

Os interesados deberán realizar a súa inscrición en info@videvide.net ou 981582911 (prazas limitadas)

Comparte...