Queixos Feijoo obtén o certificado de Galicia Calidade

Queixos Feijoo obtén o certificado de Galicia Calidade

A empresa de Celanova Queixos Feijoo poderá incluír na etiqueta dos seus queixos certificados pola Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) Queixo de Teto, así como nas accións de promoción dos mesmos, o distintivo de Galicia Calidade. Dito recoñecemento, que terá validez nos próximos tres anos, foille autorizado formalmente por parte da Xunta de Galicia aos propietarios da coñecida quesería ourensá.

Nos anos oitenta e noventa, a empresa abordou un plan de expansión e diversificación ao elaborar os primeiros queixos de pasta dura ou de barra e os semicurados de mestura de leite de vaca e nata de ovella. O ano pasado lanzou dous novos produtos, o requeixo e o semicurado de vaca e de leite de ovella.

Creada en 1949 continua elaborando os queixos de maneira tradicional baixo as premisas de calidade, artesanía e tradición. Actualmente, a empresa está consolidada en España e busca afianzarse en países como México, Portugal ou Italia.

Comparte...