Premiados os mellores queixos e meles de Galicia

Premiados os mellores queixos e meles de Galicia

Terra de Melide (Queixo Tetilla), Ruta Xacobea (Arzúa-Ulloa), Casa Anxel (San Simón da Costa) e Castelo (Cebreiro) acadaron os primeiros postos na XV Cata dos Queixos de Galicia. Polo que respecta aos meles galegos, as distincións de ouro foron para Alfimel na categoría de mel multifloral e Mel do Saldoiro na monofloral.

Na entrega de premios, celebrada en Santiago de Compostela, o presidente da Xunta de Galicia animou aos produtores galegos de leite a transformar o seu produto en outros de maior valor engadido, poñendo como exemplo aos produtores de queixos que recibiron os seus premios no acto.

A lista completa de premiados é a seguinte:

Queixo Tetilla: Terra de Melide (ouro), Queinaga (prata) e Ruta Xacobea (bronce). Diplomas: Casa Anxel, Semana Verde e Pazo Anzuxao.

Arzúa-Ulloa: Ruta Xacobea (ouro), Terra de Melide (prata), Bama (bronce). Diplomas: Arquesán, Queinaga e Barral.

San Simón da Costa: Casa Angel (ouro), Fontelas (prata), Don Crisanto (bronce). Diplomas: Prestes, Casleiras e Daniberto.

Cebreiro: Castelo (ouro).

Meles multiflorais: Alfimel (ouro), Mel do Saldoiro (prata), Mel do Cortizo (bronce). Diplomas: O Trobo Mel do Valadouro, Mel o Testeiro, Mel da Anta.

Meles monoflorais: Mel do Saldoiro (ouro)

Comparte...