Quen cociña as mellores tapas de Galicia?

Quen cociña as mellores tapas de Galicia?

Santiago acollerá o próximo 17 de xullo, a cuarta edición do certame De Tapas por Galicia no que competirán cociñeiros das sete cidades galegas. Turismo de Galicia é o organismo responsable da organización deste concurso, que finalizará cunha gala show-cooking na que se decidirá quen elabora as mellores tapas de Galicia.

Promocionar a creatividade gastronómica presentada en pequenas doses é o obxectivo principal do concurso. Así, os participantes apostan por adaptar a cociña galega tradicional ás técnicas, elaboracións e presentacións vangardistas mesturando tamén influencias de gastronomías diferentes.

Os 7 finalistas foron elixidos tras gañar os seus respectivos concursos locais e optarán ó Premio ao Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia e tamén ó galardón popular, que se decidirá tras a valoración do público asistente á gala. Así, na final competirán Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Álvaro Pérez Blanco (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela); Rubén González Vallejo e Sergio Orge (El Cafetín, Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo).

De entre todos eles sairá, o próximo 17 de xullo na gala que se celebrará no AC Palacio del Carmen de Santiago, o mellor cociñeiro de tapas de Galicia.

Comparte...