Quinta do Rebolo presenta os seus viños D.O. Ribeiro no “Cata a Arte”

Quinta do Rebolo presenta os seus viños D.O. Ribeiro no “Cata a Arte”

O colleiteiro da D.O. Ribeiro Quinta do Rebolo  presentou os seus viños Treixadura, Godello e Mencía na terceira xornada do evento Cata a Arte, que se celebra estas semanas en Ourense, e que une presentacións e degustacións de caldos da D.O. Ribeiro con accións culturais paralelas. O evento celebrouse no marco da exposición fotográfica Arcadia, de Aida Pascual; e contou coa exhibición das artistas Paula Quintas e Marta Alonso, que deleitaron aos presentes cun espectáculo en dous tempos que uniu a danza, a performance e as artes circenses.

Esta é a terceira edición do Cata a Arte, que este ano inclúe por primeira vez un elemento solidario: os asistentes poden colaborar cun donativo que irá destinado á ONG Down Ourense. Todos aqueles que apoien a iniciativa entra nun sorteo de lotes de viño da adega participante e outros obsequios de merchandising.

O ciclo Cata a Arte celebrarase todos os xoves, ata o 1 de decembro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

Comparte...