Belén do Campo, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

A Xunta impulsa un programa de mellora da raza frisona

A Xunta reforzará o control das análises das mostras de leite do gando vacún de Galicia e realizará probas que determinen o rendemento leiteiro do Programa de Mellora Xenética de Frisón de Galicia

O control das mostras de leite do gando vacún, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), ten como obxectivo mellorar a seguridade, a calidade e a trazabilidad do leite producido en Galicia. Garante, ademais, que os gandeiros dispoñan dun “sistema óptimo de control leiteiro”.

A obtención de datos para avaliar xeneticamente aos reprodutores e poder desenvolver o Programa de Mellora Xenética de Frisón de Galicia é “fundamental”, segundo o órgano autonómico, para que o sector siga sendo rendible e de calidade. Ángeles Vázquez, concelleira de Medido Rural, sinalou que a Xunta destinará máis de 425.000 euros para incrementar as mostras, permitindo facer ata un total de 1.465.689 analíticas.

Por outra banda, a Xunta tamén asinou un convenio co Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para medir o rendemento das explotacións que participen no Control Leiteiro Oficial para mellorar, tamén, a calidade xenética do gando vacún frisón de Galicia.

Este acordo permitirá aos gandeiros tomar decisións sobre a optimización da alimentación dos animais de acordo coa súa produción ou a eliminación de femias pouco eficientes. Isto permitirá obter “unha leite de maior calidade e unha maior solvencia económica e rendibilidade para a explotación”, segundo afirma a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

Comparte...