REALIMÉNTATE 2014 reunirá ós cociñeiros galegos Pepe Solla, Javier Olleros y Diego López

REALIMÉNTATE 2014 reunirá ós cociñeiros galegos Pepe Solla, Javier Olleros y Diego López

A segunda edición de REALIMÉNTATE, que se celebrará os días 6,7 e 8 de xuño en Lalín, propón un programa de debates, presentacións e relatorios en torno á alimentación e a como as nosas orixes marcaron a nosa gastronomía. As xornadas contarán con tres cociñeiros galegos de excepción como son Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) e Diego López (La Molinera), que elaborarán unha serie de menús e tapas que os asistentes poderán degustar.

programa REALIMÉNTATE 2014

Esta iniciativa, organizada por Prato_do e o restaurante La Molinera, pretende xerar un espazo de reflexión sobre a alimentación saudable e sostible.

Para poder participar nas degustacións débese realizar unha reserva a través do email info@restaurantelamolinera.com ou do teléfono 670 609 801. Máis información na páxina do evento en Facebook.

Comparte...