Portada de "Recetas para Alba"

“Recetas para Alba”, un libro emotivo

“Recetas para Alba” é un deses libros de cociña que as nais deixan ás súas fillas, coa diferenza que neste caso publícase para xeral coñecemento.

A cordobesa M. Vitoria Morais, fincada en Santiago desde hai vinte e dous anos e responsable do blog “Taller de Azúcar”, pretende con este libro facer unha homenaxe á cociña familiar e deixar un legado para a súa filla Alba, a quen a autora dedica o libro e o seu título.

O libro contén noventa receitas ilustradas con fotografías realizadas pola propia autora, divididas en cinco apartados, correspondentes a verduras e outros pratos, guisos, peixes, carnes e sobremesas.

A presentación terá lugar o martes 20 de xaneiro na Bodeguilla de San Lázaro, onde a autora estará acompañada do prologuista do libro, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.

Comparte...