Reconstrucción de cocido galledo de La Encina

Reconstrucción de cocido galego… en tapas lucenses

O restaurante La Encina foi o gañador do premio outorgado polo público na edición 2013 do concurso de tapas de Lugo, Xantar de Tapas, e repite na actual edición cunha proposta moi diferente á que entón lle deu o premio.

En 2015 La Encina propón unha “Reconstrución de cocido galego”, consistente en humus de garavanzos, crema de pataca con grelos e pequenos twists recheos de lacón, chourizo e orella, mentres que en 2013 a tapa gañadora estaba composta por elementos mariños, como volandeira, lagostino e polbo, e da terra, coma os grelos.

Os produtos do porco están presentes nun bo número das tapas que concursan nesta edición do Xantar de Tapas. Como a tosta de xamón ibérico e queixo da Adega, o bocadillo de champiñón recheo de queixo e touciño das Cinco Vigas ou a pluma ibérica envolta en pack choi de O Mercado Street Food.

Outras carnes teñen tamén presenza, como as carrilleiras das que xa falamos, ou o paspallás en dúas texturas de As Tapiñas (guisado e á prancha) ou o paspallás ao godello da Taberna Daniel.

Hamburguesas hai de tenreira con espinacas en La Marujita, de vexetais e queixo en Bríos Cervexería ou a de carne de cachena con iuca e prebe mexicano de Xoldra.

Xa van quedando menos días para probar as especialidades que 46 hostaleiros de Lugo ofrecen neste Xantar de Tapas, que pechará o próximo domingo, 27 de setembro.

Comparte...