JUAN GIL DE ARAUJO PRESIDENTE DEL CONSELLO REGULADOR DENOMINACION DE ORIGEN RIAS BAIXAS

Reelixido o presidente da DO Rías Baixas

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas reelixiu a Juan Gil de Araújo González de Careaga como presidente do CRDO Rías Baixas para os vindeiros 4 anos. A cargo da vicepresidencia do Consello estará o representante dos viticultores Julio Reboredo Froiz.

Previamente á elección do presidente e vicepresidente, o Pazo de Mugartegui acolleu a constitución do Pleno do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, presidida por  Belén Docampo, directora xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural. Os 22 vogais que o compoñen (22 elixidos tras o proceso electoral máis outros 2 vogais delegados da Consellería de Medio Rural e do Mar) tomaron posesión das sús respectivas actas.

Comparte...