Medra a familia de HGA Bodegas, novos viños de Altos de Torona e Regina Viarum

Medra a familia de HGA Bodegas, novos viños de Altos de Torona e Regina Viarum

HGA Bodegas y Viñedos de altura afronta xa o Nadal coa chegada ao mercado de dúas novas creacións: Altos de Torona espumoso, da adega do D.O Rías Baixas do mesmo nome e Finca La Capitana, da adega do D.O Ribeira Sacra Regina Viarum. Dúas elaboracións moi especiais que foron froito dun intenso traballo en adega para lanzar dous produtos selectos, que finalmente xa está o mercado. Para Altos de Torona é o lanzamento do seu primeiro espumoso, Altos de Torona Espumoso, obtido a partir de albariño da subzona do Rosal. Elaborado seguindo o método champenoise tradicional que establece a denominación de orixe, o espumoso pasou 16 meses de crianza para obter un produto equilibrado, expresivo e complexo, no que seguen estando presentes as notas da variedade xunto con léalas finas.

No caso de Finca La Capitana estamos fronte a un monovarietal de Tempranillo moi especial, ao estar elaborado con uvas dunha soa parcela, da Finca La Capitana que lle dá nome, unha das parcelas máis consentida da adega, situada a máis de 400 metros de altitude sobre o río Sil, na zona de Amandi, en plena Ribeira Sacra.

Elaborado a partir dunha minuciosa selección de uva, o viño tivo unha crianza durante 7 meses sobre os seus propias leas para posteriormente pasar 18 meses en barricas de carballo francés e 18 meses en botella. Un traballo que o converte na gran aposta da adega para este ano de renovación, no que cambiaron a imaxe dos viños de Regina Viarum, conferíndolle maior protagonismo ao viticultor heroico, que traballa os viñedos desta zona a pesar da dureza das súas condicións até obter o mellor froito da Ribeira Sacra, e, neste caso, cun plus de complexidade que lle achega a crianza dunha variedade tan pouco empregada en Galicia como o tempranillo.

Comparte...