Regina Viarum domina a viticultura de montaña por quinto ano consecutivo

Regina Viarum domina a viticultura de montaña por quinto ano consecutivo

A Adega Regina Viarum do D.O. Ribeira Sacra (Galicia) obtivo por quinto ano consecutivo o Premio Especial Cervim como mellor adega de España dentro do Certame Internacional de Viños de Montaña que se celebrou a principios de xullo en Sarre (Italia). Obter este premio durante cinco anos seguidos converte a Adegas Regina Viarum no principal expoñente da Viticultura de Montaña en España e unha das referencias deste tipo de viticultura a nivel mundial, nun ano en que o concurso organizado polo Cervim bateu marcas de participación con 648 viños presentados, provenientes de 10 países.

O Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta é referencia mundial en viños de montaña, podendo participar viños de adegas asentadas en territorios que cumpran algúns dos seguintes requisitos: viñedos en altitude superior a 500 metros, pendente do terreo de máis do 30%, sistema de cultivo en terrazas ou socalcos e viticultura das pequenas illas. No caso de España participan viños do D.O. Ribeira Sacra, Priorat, Canarias e Asturias.

Outros recoñecementos

Por outra banda o viño “Vel’Uveyra”, un mencía de 2011 da adega Ronsel do Sil, S.L. obtivo o Premio Excelencia Cervim 2013, outorgado ao viño que obtén o mellor resultado, por cada país que inscribise polo menos oito adegas no Concurso.

A relación completa dos viños de Ribeira Sacra premiados en Aosta é a seguinte:

VINOS BLANCOS TRANQUILOS

Medalla de ouro:

“Viña Vella” 2012 da bodega S.A.T. Virxen dos Remedios

Medalla de prata:

“Almalarga” 2012 godello barrica de Pena das Donas S.L.

“Condado de Sequeiras” 2012 de Grupo Peago S.L.

“Abadia da Cova” albariño 2012 de Adegas Moure S.A.

“Abadia da Cova” albariño 2011 de Adegas Moure S.A.

“Regina Viarum” godello 2012 de Regina Viarum S.L.

VIÑOS TINTOS TRANQUILOS DAS VENDIMAS 2012 E 2011

Medalla de ouro:

“Vel´Uveyra” mencía 2011 de Ronsel do Sil S.L.

“Abadia da Cova” mencía barrica 2011 de Adegas Moure S.A.

“Viña Regueiral” mencía 2012 de José Ignacio Rodriguez Pérez

“Toalde” mencía 2012 de Roberto Regal López

“Adega Vella” mencía 2012 de Jorge Feijoo González

“Rectoral de Amandi” mencía 2012 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.

“Peza do Rei” mencía 2012 de Adega Cachín S.C.

“Sollio” mencía 2012 de Victorino Álvarez Rodriguez

“Dominio de Sanxiao” mencía 2012 de Manuel Fernández Rodriguez

“Verdes Matas” mencía 2012 de Pena das Donas S.L.

“Terras Mouras” mencía 2012 de Maximino López Vázquez

Medalla de prata:

“Don Bernardino” mencía 2012 de Don Bernardino S.L.

“Cividade” mencía 2012 de José Ramón Verao Pérez

“Cruceiro” mencía 2012 de Ramón Marcos Fernández

“Diminio de Sanxiao” mencía 2011 de Manuel Fernández Rodriguez

“Regina Viarum” mencía ecológico barrica 2011 de Regina Viarum S.L.

“Sabatelius” mencía 2012 de Adega e Viñedos Lareu S.L.

“Sombrero” mencía barrica 2011 de Nova Toural S.L.

“Viña Mezquita” mencía 2012 de José Manuel Vidal López

“Viña Vella” mencía 2012 de S.A.T. Virxen dos Remedios

“Viña Cazoga” mencía 2012 de Jorge Enrique Carnero Fiuza

VIÑOS TINTOS TRANQUILOS DAS VENDIMAS 2010 E ANTERIORES

Medalla de ouro:

“Don Bernardino” selección especial barrica 2010 de Don Bernardino S.L.

“Regina Expresión” mencía 2010 de Regina Viarum S.L.

Comparte...