Regina Viarum, mellor tinto da D.O. Ribeira Sacra

Regina Viarum, mellor tinto da D.O. Ribeira Sacra

Logo de recoller medallas no Concurso mundial de Bruxelas e o Decanter de Londres, o Regina Viarum Mencía ven de ser galardoado unha vez máis coa medalla de ouro 2014 ao mellor tinto da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Recibiu este premio no marco da XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, na que participaron 37 adegas e 67 viños, que foron catados por dez expertos.

A adega Regina Viarum está ubicada en Doade (Sober) e caracterízase por cultivas as uvas en bancais creados por lexionarios romanos e cunha inclinación próxima aos 60 grados. Isto leva a que o proceso vitícola sexa artesanal.

Comparte...