O Regina Viarum Godello 2015 suma recoñecementos ao seu palmarés

O Regina Viarum Godello 2015 suma recoñecementos ao seu palmarés

O Regina Viarum Godello foi o único Ribeira Sacra recoñecido cunha medalla de ouro nos Premios Baco Colleita 2015, galardóns organizados pola Unión Española de Catadores (UEC)

Ademais, o mesmo viño tamén foi elixido mellor branco da denominación de orixe nos premios da Cata dos viños da Ribeira Sacra. O panel de cata estivo formado por once expertos catadores, os cales tiveron que examinar un total de 55 mostras das 30 adegas diferentes que se presentaron ao concurso. Neste caso o Regina Viarum Mencía recibiu unha medalla de prata e o Regina Viarum Godello conseguiu unha medalla de ouro.

Comparte...