Regina Viarum e Don Bernardino, gañadores da Cata de Viños D.O Ribeira Sacra

Regina Viarum e Don Bernardino, gañadores da Cata de Viños D.O Ribeira Sacra

Dúas adegas, Regina Viarum, de HGA Bodegas e Don Bernardino, alzáronse como os grandes vencedores da segunda edición da Cata de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” celebrada no Centro do Viño de Monforte de Lemos. Entre as dúas repártense seis do sete premios “Gran Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes a medalla de ouro e tamén se fixeron acredores doutro tres trofeos “Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes á medalla de prata, dúas para Regina Viarum e o terceiro a adega de Don Bernardino con márcaa Leira Mesquita. Os viños Don Bernardino que reciben premio “Gran Patrimonio Ribeira Sacra” foron os seus viños magnm, 2014 e 2011 mentres que no caso de Regina Viarum reciben a máxima distinción o tinto 2014, o Regina Viarum Expresión en tinto barrica e outras anadas e o Regina Viarum Godello.

En total repartíronse 22 premios entre laos 109 viños de 49 adegas que tomaron parte no concurso e que as adegas gañadoras recibirán proximamente nun acto con data aínda por determinar. A Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” está organizada polo Centro do Viño da Ribeira Sacra en colaboración da Asociación Galega de Enólogos co obxectivo de promocionar os viños desta denomianción de orixe e revindicar que esta zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade, á vez que se reivindica o traballo dos seus viticultores e o esforzo que realizan para elaborar viños cada vez con maior calidade.

O panel de Cata estivo a formar por unha vintena de enólogos das propias adegas do D.O Ribeira Sacra e da Asociación Galega de Enólogos, un técnico do CRDORS, e como presidente do xurado estará o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia que colabora tamén na organización deste evento.

Descarga aquí o palmarés completo dos gañadores.

Comparte...