REGINA VIARUM SUMA NOVOS PREMIOS

REGINA VIARUM SUMA NOVOS PREMIOS

As adegas Regina Viarum tiveron un 2012 moi proveitoso en canto a recoñecementos.

O Regina Viarum Mencía sumou un Grande Ouro, xunto a outros catro tintos da D.O. Ribeira Sacra, na nova versión de La Guía de Vinos, Destilados e Bodegas de Galicia, iso implica unha puntuación de entre 92 e 100 puntos.

Na mesma guía obtén Medalla de Ouro outro viño da firma: Vía Imperial. Neste caso, sitúase entre os 85 e os 91 puntos.

Ademais, Bodegas Regina Viarum recibiu, por cuarto ano consecutivo, o Premio Especial Cervim. Este recoñecemento entrégaselle á mellor adega de cada país como resultado das puntuacións de todos os viños presentados pola adega ao Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta, ao que xa nos achegamos en BenBo.

A estes premios, a empresa sumou este ano outros recoñecementos como as dúas medallas da International Wine Guide, medalla no Challenge International du Vin e Bacchus de ouro, un ano máis, no Certame Internacional Bacchus.

Comparte...