Regulados os períodos de extracción de mariscos en 2014

Regulados os períodos de extracción de mariscos en 2014

Como é habitual, co remate do ano o Diario Oficial de Galicia publica o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para 2014, no que se establecen os distintos períodos en que se poden capturar moluscos, equinodermos, percebes e algas en función dos planes presentados polas distintas confrarías e que se poden ver en detalle no DOG.

Asemade, o Plan prevé as datas permitidas de extracción dos principais crustáceos existentes nas augas galegas, que se resumen no seguinte cadro:

Especie Períodos autorizados para o ano 2014
Nécora (Necora puber) Do 1 ao 4 de xaneiro
Do 1 de xullo ao 31 de decembro
Lumbrigante (Homarus gammarus) Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo
Do 1 de xullo ao 31 de decembro
Lagosta (Palinurus elephas) Do 1 de xaneiro ao 30 de setembro
Santiaguiño (Scyllarus arctus) Do 1 de outubro ao 31 de decembro
Cangrexo (Carcinus maenas) Todo o ano
Conguito (Macropipus corrugatus) Todo o ano
Patulate (Macropipus depurador) Todo o ano

As medidas de xestión para a explotación da centola, boi e do polbo desenvolveranse a través de plans de xestión específicos para estas pesqueiras, como xa sucedeu este ano.

Cabe salientar que o Plan prohibe expresamente a captura de mariscos e extracción de algas a toda persoa ou embarcación que non estea en posesión do preceptivo permiso de explotación. Asemade prohibe a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego e durante todo o ano.

Comparte...