Festa do Melindre. A repostaría tradicional de Melide viviu o seu gra día

Festa do Melindre. A repostaría tradicional de Melide viviu o seu gra día

Melide viviu a fondo, a pesar da choiva, a súa XXV Festa do Melindre de Melide, no que se volveu a reivindicar a repostería tradicional da Terra de Melide, cos seus melindres, ricos e amendoados

O domingo 8 de maio foi a súa xornada forte, coa maioría dos actos, e a Praza do Convento foi o centro da celebración.

O cociñeiro Xoan Crujeiras, da Estación de Cambre, levou a cabo unha demostración práctica, moi concorrida.

Xeados de melindre

Entre as novidades destacou a presentación do “Xeado de Melindre” e o “Xeado de Melindre con licor café”, da firma de xeados artesáns Xearte Brigitte, coa colaboración do mestre repostero Manuel Garea.

Manuel Garea sinalou que “o respecto polo produto e a tradición melindreira de Melide está presente nestas elaboracións” e Xearte Brigitte pola súa banda “traballar con produto artesanal é a nosa filosofía de empresa polo que estes xeados de Melindres de Melide serán un éxito”.

Tamén se nomearon os novos embaixadores do Melindre: Almudena Villegas Becerril, o deportista Fernando Romay Pereiro, o periodista gastronómico Cristino Álvarez Herrera, o cociñeiro Xoan Crujeiras Lista, o presidente do CRDO Rías Baixas Juan Gil Araújo y Fernández de Careaga, Cecilia Vázquez Suárez, Xurde Morán, a conselleira do Medio Rural e ex alcaldesa melidá Ánxeles Vázquez Mejuto e o club local de fútbol Cire Melide.

Comparte...