Catro representantes gallegos no IX Concurso Nacional de Pinchos e Tapas Ciudad de Valladolid

Catro representantes gallegos no IX Concurso Nacional de Pinchos e Tapas Ciudad de Valladolid

Os días 4, 5 e 6 de novembro de 2013 celebrarase en Valladolid o IX Concurso Nacional de Pinchos e Tapass que leva o nome da cidade pucelana.

Entre os 49 establecementos que buscarán realizar a mellor tapa de España estarán representando a gastronomía galega: Marcos Cerqueiro Rey, de Abastos 2.0 e  Carlos Pérez López, de Casa Marcelo (Santiago de Compostela); Iñaki Bretal Romay, do Eirado da Leña (Pontevedra); e Antonio Portela Varela, de La Encina (Lugo).

Cada finalista efectuará durante un período de tempo máximo de 25 minutos oito reproducións da súa tapa.

A véspera do IX Concurso Nacional de Tapas, durante a tarde do 4 de novembro, terá lugar o V Concurso Internacional de Tapas de Escolas de Cociña do Mundo na que competirán os alumnos de 9 escolas de cociña de diversos países do mundo. Non haberá representantes galegos neste caso.

Comparte...