O restaurante Acio pecha as súas portas

O restaurante Acio pecha as súas portas

Iago Castrillón e Eva Pizarro abren unha etapa de reflexión sobre o seu proxecto gastronómico.

O Acio Restaurante, en Santiago,  pecha as súas portas. Así o comunicaron os seus propietarios, o cociñeiro Iago Castrillón e a sumiller Eva Pizarro, que decidiron “abrir unha etapa de reflexión no seu proxecto gastronómico. ” Ambos os dous declararon que creen necesario un punto e aparte na evolución das súas respectivas carreiras profesionais. “Nunca imaxinamos chegar ata aquí, foron anos de traballo moi duro, pero tamén moi satisfactorios, persoal e profesionalmente,” comentan os dous profesionais.

O establecemento compostelán, fundado en 2008, conseguiu nos seus 6 anos de vida numerosos galardóns e recoñecementos. En 2013 foi elixido “Restaurante Revelación” en Madrid Fusión e tiña a distinción BIB Gourmand da Guía Michelin e dous Soles Repsol.

Comparte...