Coñecemos os 69 restaurantes e barres que participan no Santiago(é)Tapas

Coñecemos os 69 restaurantes e barres que participan no Santiago(é)Tapas

Debullamos os cinco roteiros do concurso de petiscos de Santiago de Compostela

Xa hai distribución por roteiros dos 69 establecementos participantes na edición 2015 de Santiago(é)Tapas, do 12 ao 29 de novembro. Existen moitas novidades na gastronómica lista de locais que ofrecen ata 3 petiscos, 109 en total, a un prezo común de 2 euros.

A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, Cre-Cottê, A Cuchara do Villar, Central, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Coruña, A Senra Raíña, 25 de Julio, La Jefatura, The Seafood Bar, Lusco & Fusco, Gaia e AC Palacio del Carmen. Esta (é)tapa está apadriñada por Grupo Reboreda Morgadío da D.O. Ribeiro.

Na (é)tapa Praza de Cervantes reúnense: Cervantes, Rey, Hervor & Fervor, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Mamá Peixe, Resas, Casa Pepe, Arco de Mazarelos, SCQ, O Piorno, Caldeirería 26, Xuntaza e A Curtidoría. Adegas Pazo do Mar, da D.O. Ribeiro, apadriña esta (é)tapa.

Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Albarella, La Industrial, Caney, El Bocalino,  Reno, El Estudio, El Muelle, Antollos, O París, Azul, Negreira ‘O Patata’, Porta Faxeira, La Catedral, A Casa da Collona e Bodegón de Xulio. Esta (é)tapa está apadriñada por Adega Pousadoiro.

A (é)tapa Praza Roxa suma a: QCafé A Quinta da Auga, A Nave de Vidán, O Ferro, Galipizza, La Bodeguilla de Santa Marta, Siro González, Artesana, Castelao, J de Joker, La Cavita, Vivacce, Entre Pipos, Singulario, Adgelo e Tryp Santiago. Bodegas Alanís apadriña esta (é)tapa.

Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: La Bodeguilla de San Lázaro, A Casa da Viña, A Grella, A Cantina do Gaiás, A Moa, O Afiador, La Barrika, O Catro, Bicoca, La Croquette e Medusa. Finca Viñoa, da D.O. Ribeiro é quen apadriña esta (é)tapa.

Premios do Santiago(é)Tapas 2015

Tamén xa se coñecen os 9 galardóns en xogo nesta oitava edición do certame.

O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.

Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ´15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e máis o premio á “Tapa con máis chispa”, creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners.

Nesta edición do Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos dende Estrella Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa conta con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán  diploma e 100 euros en produto.

Presentación en Madrid

Santiago(é)Tapas preséntase o martes 10 de novembro en Madrid, xunto ao festival de cinema Cineuropa, nunha cita na que Siro González encárgase de poñer as tapas.

Existe un acordo con Renfe polo que os visitantes que se acheguen a Compostela en Alvia – Longa Distancia, con motivo de Santiago(é)Tapas ou Cineuropa, poderán gozar dun desconto dun 30% no prezo dos seus billetes entre os días 17 e 25 de novembro.

Comparte...