Os restaurantes de El Corte Inglés de Galicia acollerán a Semana Gastronómica dos Arroces

Os restaurantes de El Corte Inglés de Galicia acollerán a Semana Gastronómica dos Arroces

Desde onte e ata o próximo 22 de xullo, os restaurantes de El Corte Inglés celebran a coñecida como Semana Gastronómica dos Arroces. Estas xornadas, que cada ano contan con máis adeptos, apostan pola elaboración  de pratos a base de arroz sendo unha gran oportunidade para gozar deste produto en todas as súas formas.

Combinado con verduras, ibéricos, queixos ou mariscos, o arroz é o ingrediente estrela desta semana Gastronómica. Un dos pratos con arroz que non poderá faltar será a paella valenciana e o tradicional  senyoret, que combina unha oferta máis ampla de arroz e marisco, como o arroz  caldoso con  bogavante e o arroz negro de sepia e lagostinos.

Outro imprescindible serán a fideuá combinada con marisco ou o tradicional arroz con verduras, que é un dos clásicos da Semana Gastronómica dos Arroces. Pero ademais, nesta nova edición incorpóranse dúas novidades como son o arroz á gorgonzola e o arroz elaborado a base de lagarto ibérico (unha parte do porco ibérico), ofrecendo elaboracións máis modernas para aqueles que prefiran probar propostas diferentes.

A iniciativa, que é de ámbito nacional e que se desenvolve por tanto en todos os restaurantes de El Corte Inglés de Galicia aposta por sorprender co mundo do arroz. As preparacións serán por tanto do máis variadas, tratando de atender os gustos máis esixentes dos arroceiros.  Trátase de realizar un percorrido polos sabores máis clásicos e tamén a innovación e a cociña mediterránea.  Toda unha aposta por pratos exquisitos, cociñados polos mellores chefs e elaborados coas variedades de arroz máis selectas de marca SOS.

Comparte...