Os restaurante de El Corte Inglés rinden homenaxe á cociña típica de outono

Os restaurante de El Corte Inglés rinden homenaxe á cociña típica de outono

Os restaurantes de El Corte Inglés reciben o outono con novas propostas gastronómicas nas súas cartas para degustar a calquera hora do día. Un total de 40 restaurantes de toda España inclúen nos seus menús exquisitos pratos elaborados coas mellores receitas típicas desta tempada.

Unha boa oportunidade para realizar un saboroso percorrido polos pratos preparados con algúns dos ingredientes de outono máis recoñecidos da nosa gastronomía, como son as distintas variedades de cogomelos que poderemos probar cun guiso de arroz ou boletus salteados con touciño entrefebrado ibérico crocante. Estas Xornadas Gastronómicas terán lugar desde o 19 ata o 29 de outubro nos restaurantes do Grupo El Corte Inglés e permitirán a todos aqueles que se acheguen, gozar dunhas magníficas especialidades cociñadas polos mellores chefs con produtos de gran calidade.

Na carta atoparemos os sabores propios de outono, por iso ademais dos pratos elaborados con diferentes tipos de cogomelos; poderemos degustar ensaladas de perdiz escabechada, verduras con langostinos, arroz meloso con perdiz, un delicioso ragú de xabaril con curri vermello e laranxa ou un exquisito solombo de venado con puré de boniato, marmelo e salsa de dátiles. Desta forma, El Corte Inglés pretende render homenaxe a algúns dos ingredientes de tempada máis apreciados da gastronomía española.

Comparte...