Os restaurantes de Universo Milongas reciben o recoñecemento de Down Compostela

Os restaurantes de Universo Milongas reciben o recoñecemento de Down Compostela

Down Compostela, en colaboración coa Fundación  Vodafone España,  celebrou o pasado mércores no Hostal dos Reis Católicos a gala ‘Estamos preparade@ s’. Este evento serviu para entregar un total de 8 diplomas a mozos con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais que realizaron o programa ‘Yo me prep@ro’, que ofrece formación en novas tecnoloxías. Pero ademais, o acto serviu para recoñecer o labor das empresas colaboradoras do Down Compostela como é o caso dos restaurantes do grupo Universo  Milongas.

Así, Down Compostela entregou diplomas ás empresas do seu programa de apoio á inclusión laboral, emtre as que se atopa Universo  Milongas. Pero ademais o grupo quixo explicar a súa experiencia traballando co colectivo para animar a outras empresas a facer o mesmo.

Un dos usuarios da Fundación Down Compostela, contratado como axudante de camareiro no  Milongas Cervexaría  Tapería é Daniel Pombo. El foi o encargado de relatar a súa experiencia no local, acompañado dos responsables de Universo  Milongas, José e Mariano Rivas e o responsable de Recursos Humanos, Marcos  Reimunde. Daniel explicou como é o seu día a día traballando nun destes restaurantes e tivo palabras de agradecemento para o grupo: “este é o meu primeiro traballo e grazas a Mariano e a José cumprín un soño. Bueno, varios soños: conseguir un traballo, ser camareiro, gañar o meu propio diñeiro e poder seguir soñando. Agora tócame pensar en que me vou a gastar o diñeiro”.

Pero Daniel non é o único usuario de Down Compostela que se incorporou ao equipo de Universo  Milongas. Carlos, Paula e Jacobo realizarán proximamente as súas prácticas en varios dos locais do grupo, distinguidos co nivel bronce da rede europea  Valueable  Handing  Opportunities co proxecto  On  my  own…  at  work e que, proxim

Comparte...