167 marcas da D.O. Rías Baixas nas catas de Distinguidos Gallaecia 2016

167 marcas da D.O. Rías Baixas nas catas de Distinguidos Gallaecia 2016

O Pazo de Mugartegui (Pontevedra) acolleu a cata dos viños da D.O. Rías Baixas para seleccionar aos finalistas do concuro Distinguidos Gallaecia 2016

A cata destes premios, promovidos pola Asociación de Sumilleres Gallaecia, reuniu un total de 21 catadores que, divididos en tres paneis de cata, foron os encargados de avaliar un total de 167 marcas.

O panel de cata estivo integrado por un amplo abanico de profesioniais, tanto catadores, distribuidores, prensa especializada como hostelería. Aínda que a maioría dos viños pertencían á anada 2015, tamén estiveron representados os caldos de anos anteriores.

A partires desta cata e das levadas a cabo nas restantes denominacións de orixe galegas realizarase unha selección daqueles viños cuxa nota sexa superior aos 84 puntos sobre 100. Estes pasarán á fase final, na que se avaliarán viños do mercado que se conseguen a través de distribución ou en tendas especializadas.

Comparte...