O libro Rías Baixas El vino del mar celebra os 25 anos da denominación

O libro Rías Baixas El vino del mar celebra os 25 anos da denominación

A D.O. Rías Baixas presentou o seu novo libro Rías Baixas El Vino del Mar, coincidindo coa celebración do seu 25 aniversario, do que xa nos fixemos eco en BenBo. A publicación está dirixida polo fotógrafo Xurxo Lobato e conta coa prosa de Cristino Álvarez.

Rías Baixas El Vino del Mar, publicado en galego, español e inglés, é un libro que quere “describir a razón de ser da D.O. Rías Baixas” e para iso, alén dos textos, concede moita importancia ás imaxes, que mostran o ciclo da viña ao longo do ano.

Son un total de 265 fotografías para ensinaren as xentes, o patrimonio cultural e artístico, as adegas e máis os cultivos das 5 subzonas coas que conta a D.O. Rías Baixas. También se detén nos establecementos hostaleiros da Ruta do Viño Rías Baixas.

A presentación do libro reuniu numerosos profesionais do sector e autoridades no Hostal dos Reis Católicos de Santiago.

Historia

O 17 de marzo de 1988 foi o día do nacemento oficial da D.O. RíasBaixas, naquela altura o Consello Regulador adaptou a súa normativa á lexislación comunitaria. Pero a historia dos viños de RíasBaixas remóntase uns anos antes; en 1980 nace a Denominación Específica Albariño e catro anos máis tarde aprobouse o Regulamento da Denominación Específica Albariño e do seu Consello.

Comparte...