A D.O. Rías Baixas, de promoción en Madrid coa Cata e o Túnel das Añadas

A D.O. Rías Baixas, de promoción en Madrid coa Cata e o Túnel das Añadas

A Denominación de Orixe Rías Baixas escolleu Madrid para realizar a súa “VI Cata das Anadas”, complementaria a un “Túnel das Anadas”

Na VI Cata das Anadas e no II Túnel das Anadas toma parte un panel de cata de 31 expertos en viño, 23 deles profesionais expertos alleos ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e 8 do panel de cata interno.

Son 96 os viños a concurso na VI Cata das Anadas da D.O. Rías Baixas, dun total de 46 empresas distintas. Nela entran viños da anada 2014 e anteriores. Trátase dunha iniciativa que se celebra bienalmente e o seu obxectivo declarado é “demostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación e o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas”.

Os viños que obteñan máis de 82 puntos serán galardoados coa Colleita de Prata. Aqueles que acrediten máis de 85 puntos serán distinguidos coa Colleita de Ouro. E os que superen os 92 puntos recibirán como galardón a Gran Colleita de Ouro.

Pola súa banda, no Túnel das Anadas, os profesionais poderán catar todos os viños participantes desta iniciativa.

As dúas accións desenvólvense no Hotel Vila Real de Madrid.

Comparte...