A D.O. Rías Baixas promocionou os seus viños en Xapón

A D.O. Rías Baixas promocionou os seus viños en Xapón

O mercado xaponés é moi importante para os viños galegos da D.O. Rías Baixas e, por iso, o seu Consello Regulador préstalle importancia.

A semana pasada, 10 marcas de viños Rías Baixas dirixíronse a distintos precriptores xaponeses con tres accións nas cidades de Kyoto e Osaka.

Profesionais xaponeses descubriron nun seminario comida seis marcas de Rías Baixas con diferentes tapas nun restaurante español de Kyoto. Tamén prescriptores xaponeses tiveron a oportunidade de maridar tres pratos, pero esta vez de gastronomía xaponesa, con tres marcas de viños de Rías Baixas durante unha cea-maridaxe, celebrada nun restaurante xaponés da mesma cidade.

Por último, unha marca de Rías Baixas protagonizou unha cata na Academia do Viño de Osaka, na que os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer máis profundamente os viños de Rías Baixas.

Principal mercado asiático

Xapón é o principal mercado do continente asiático para os viños Rías Baixas e a súa importancia segue a medrar. Os datos de campaña 2012-13 mostran que o mercado nipón aumentou algo máis dun 25% en volume, con 78.822 litros, que se traducen en 492.354 € e, a el actualmente están a exportar 33 adegas desta denominación.

Comparte...