RÍAS BAIXAS PARTICIPÓU NA FEIRA INTERNACIONAL DO VIÑO DE HONG KONG CON 32 MARCAS

RÍAS BAIXAS PARTICIPÓU NA FEIRA INTERNACIONAL DO VIÑO DE HONG KONG CON 32 MARCAS

A D.O. Rías Baixas participou, por segundo ano consecutivo, na feira Hong Kong International Wine & Spirits Fair, dentro do pavillón oficial de España, presentando 32 marcas de 18 adegas.

Rías Baixas presta unha especial atención ao mercado chinés con frecuentes actividades para prescriptores desta nacionalidade e a súa participación desde fai nove anos na feira Food & Hotel.

Hong Kong é o camiño idóneo para introducirse no mercado chinés, pois desde 2010 conta con facilidades aduaneiras para a reexportación do viño a China continental” explica Rosa Martínez, técnico de mercadotecnia do consello regulador. Ademais, Hong Kong é actualmente o único lugar no mundo con arancel cero para o viño e carece case por completo de industria vinícola local.

As exportacións de viño español a Hong Kong medraron un 120% en valor durante 2011, ano no que alcanzaron os 2.859.524 litros, o que supón para o noso país unha cota de mercado do 5,94%.

O sector de Rías Baixas tivo visión de futuro co mercado chinés e foi un dos pioneiros na súa participación en feiras neste país. Sabemos que é un valor en alza, porque gustan ao consumidor que a proba, maridan perfectamente coa gastronomía tola e contan co respaldo dos prescriptores, que aos poucos van abrindo un oco nas súas carteiras de clientes”, engade Rosa Martínez.

Comparte...