Ribadeo de Tapeo, concurso de tapas de récord do 10 ao 19 de maio

Ribadeo de Tapeo, concurso de tapas de récord do 10 ao 19 de maio

Ribadeo acolle do 10 ao 19 de maio a oitava edición do seu Ribadeo de Tapeo, concurso de referencia para os amantes de tapas que chega á súa oitava edición con 55 participantes, o que supón un novo récord.

Conta con numerosos atractivos. O prezo das tapas mantense en 1,30 euros, premios para os tapeantes e a través dunha aplicación de móbil pódese seguir todo o concurso, que se suma aos tradicionais libros e guías.

Para poder participar nos sorteos de premios reservados aos comensais, deben acreditarse 20 tapas consumidas a través dos habituais selos. Existe un galardón especial: o Larpeiro de Ouro, e para poder optar a este título deben marcarse as 55 posibles. Entre os posibles premios: voos de avioneta, fins de semana de turismo rural, bonos para a praza de abastos, noites de hotel…

Ribadeo tamén terá un programa cultural de actividades durante as xornadas do concurso de tapas.

Co Ribadeo de Tapeo, o concello de Ribadeo volverá recibir numerosos visitantes, especialmente da Mariña e da provincia de Lugo e do Occidente asturiano.

Soños Gastronómicos

Como complemento ao Ribadeo de Tapeo, ofrécese o programa Soños Gastronómicos con descontos en noites de hotel, visitas guiadas á Praia das Catedrais e máis a vila, agasallos…

Doce establecementos hostaleiros forman parte dunha oferta que tamén se alongará do 10 ao 19 de maio.

Comparte...