A DO Ribeira Sacra terá stand propio na feira Vinis Terrae

A DO Ribeira Sacra terá stand propio na feira Vinis Terrae

Os días 3 e 4 de abril celébrase en Expourense a sétima edición do salón Vinis Terrae na que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra estará presente con stand propio. Tamén acudirán con stand propio 13 bodegas acollidas á Denominación de Orixe: Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U, Manuela Valdés Pérez (Adega Tear), Ernesto Rodríguez Pérez (Adega O Canceliño), S.A.T. Virxen dos Remedios, Karma do Sil S.L., Regina Viarum S.L., Manuel Calvo Méndez (Bodega Ribada), Lar de Ricobao S.L., Nova Toural S.L., Chao do Couso S.L., Don Bernardino S.L., Pena das Donas S.L., Finca Millara Bodegas e Viñedos S.R.L.

No programa de actividades realizaranse diversas catas cos viños premiados cos “Acios de Galicia 2016”, haberá un Túnel do Viño permanente coas referencias das bodegas participantes no salón e un espazo do EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia). Nesta edición “Vinos Terrae” contará coa presenza de máis de 50 importadores e compradores estranxeiros de 19 países diferentes, así como distribuidores de diferentes lugares de España que terán a oportunidade de coñecer as últimas añadas das 60 bodegas adscritas ás cinco Denominacións de Orixe Galegas (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Rías Baixas) e tamén ao Consello Regulador de Licores e Augardentes de Galicia. Este salón consolídase coma unha importante cita internacional para as bodegas de Galicia que contribúe a posicionar os viños galegos no mercado exterior e se converte nun gran centro de negocio internacional para as bodegas galegas.

Comparte...