A D.O. Ribeiro recibe o galardón á calidade nos Premios Ejecutivos Galicia

A D.O. Ribeiro recibe o galardón á calidade nos Premios Ejecutivos Galicia

A D.O. Ribeiro recibiu o galardón de “Calidade” outorgado na sexta edición dos Premios Executivos Galicia

“A súa mellora continua na calidade total do seu produto, fomentando a diferenciación e a conservación das características propias sen perder a evolución técnica”. Esta foi a razón pola cal a D.O. máis antiga de Galicia recibiu este premio, o cal recolleu Felicísimo Pereira, presidente do Consello Regulador.

O evento, organizado pola publicación económica Ejecutivos, celebrouse o martes, 5 de xullo, no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.

Ademais, recolleron os seus premios nesta edición do ano 2016: Francisco Puga – presidente de Delta Vigo (executivo do ano), Gadisa (empresa do ano), José García Costas (traxectoria profesional), Concello de Vigo (xestión institucional), Genesal Energy (internacionalización), IESIDE (proxecto do ano), Grupo Ingapan (liderado), Pepe Solla (prestixio profesional), CZ Veterinaria e Biofabri (I+D) e Campo de Golf de Balneario de Mondariz (excelencia deportiva).

Comparte...