A D.O. Ribeiro premia os alumnos máis brillantes dun curso de sumilleres

A D.O. Ribeiro premia os alumnos máis brillantes dun curso de sumilleres

Nun acto celebrado na Cidade da Cultura, sede do Instituto Galego do Viño en Santiago de Compostela, a D.O. Ribeiro fixo entrega dos galardóns ao mellor traballo sobre a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e ao embaixador de Ribeiro. Estes galardóns, aos que optaban todos os participantes na IV edición do Curso Superior de Sumilleres do Instituto Galego do Viño, foron entregados pola xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, quen declarou que “desde o Consello Regulador sentímonos especialmente satisfeitos coa calidade dos traballos presentados”.

Os alumnos agraciados co premio ao mellor traballo sobre a D.O. Ribeiro foron Elvira Ameijeiras López, José Dieste Navazas, Antón Fernández Noguerol, Jorge González Vázquez e Brais Losada Cuquejo. A través deste galardón, o Consello Regulador da D.O. Ribeiro quere premiar o esforzo na labor de investigación que estes alumnos realizaron ao largo do seu ano académico.

Asimesmo, o alumno Antón Fernández Noguerol logrou tamén a distinción como Embaixador da D.O. Ribeiro pola súa excelente labor durante o curso, así como pola súa traxectoria académica e profesional en relación co panorama vitivinícola. Trátase da primeira vez que se fai entrega de tal distinción, a través da cal o premiado terá a posibilidade de colaborar co C.R.D.O. Ribeiro de maneira puntual en diversas accións ao longo deste ano 2017.

O C.R.D.O. Ribeiro e o INGAVI levan colaborando durante tres anos, nunha firme aposta pola formación do sector hostaleiro e o futuro das novas xeracións de profesionais galegos. Neste sentido, durante este ano académico leváronse a cabo diversas iniciativas como a bolsa D.O. Ribeiro-INGAVI para o Curso Superior de Sumiller 2016-17, que supuxo a aportación do 50% da matrícula á persoa que, polo seu currículum e traxectoria profesional puudese realizar un mellor aproveitamento dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos mediante a acción formativa.

Comparte...