DÚAS ADEGADAS DA RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO LOGRAN O Q DE CALIDADE TURÍSTICA

DÚAS ADEGADAS DA RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO LOGRAN O Q DE CALIDADE TURÍSTICA

A Cooperativa de San Roque e máis a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro foron recoñecidas co “Q” de Calidade Turística dentro da categoría de Turismo Industrial. Ambas as dúas están integradas na Ruta do Viño do Ribeiro.

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) é a entidade de certificación de sistemas de calidade que as atribúe. Trátase da primeira vez que se certifican servizos de turismo industrial.

Os Q de calidade turística recoñecen a actividade turística que constitúen as visitas á industria viva e ao patrimonio industrial, así como as características das instalacións propias destes espazos, incluíndo a xestión interna, servizos prestados e obxectivos de calidade, co fin de mostrar os procesos e o seu xeito, xerando experiencias baseadas na actividade industrial, científica e técnica do presente e do pasado.

O proceso de implantación deste distintivo desenvolveuse durante o ano 2012, a raíz da convocatoria realizada por Turgalicia.

Deste xeito, sumadas ás sete de Rías Baixas que tamén o acadaron, son nove as adegas galegas que alcanzan este recoñecemento de excelencia.

Comparte...