Ribeiro Son de Viño soará de novo o 16 de xullo

Ribeiro Son de Viño soará de novo o 16 de xullo

A cita cos viños galegos do Ribeiro en San Vicente do Mar e a música de bandas galegas

Ribeiro Son de Viño celebrará a súa terceira edición o 16 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar. Trátase dun festival no que distintas bandas ofrecen as súas actuacións canda as adegas da denominación de orixe máis antiga de Galicia ofrecen os seus viños.

Xa son tres os grupos confirmados: Familia Caamagno, Aries e Atrás Tigre. A cita comezará ás 13:00 horas e alongarase ata as 3.00 da madrugada. Xunto a eles, os adegueiros ofrecerán aos interesados explicacións sobre os seus viños.

As entradas para este Ribeiro Son de Viño xa están á venda por 12 euros, pódese seguir a súa actualidade a través do seu grupo de facebook.

Por certo, o cartel desta edición é da deseñadora galega Rebeca Losada

Comparte...