O Ribeiro Son de Viño deixou bo sabor de boca… e de oídos

O Ribeiro Son de Viño deixou bo sabor de boca… e de oídos

A organización do Festival Ribeiro Son de Viño que se celebrou o sábado 18 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove) amósase moi satisfeita co resultado dunha cita que xuntou viño galego do Ribeiro e música indie

Malia acontecer nun fin de semana cheíño de citas musicales e de ocio, desde o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro destacan o éxito do Ribeiro Son de Viño. Houbo aforo completo para asistiren no Grove á suma da música ao vivo de Ken Stringfellow, Ataque Escampe, Terbutalina, Os Amigos dos Músicos, Alex Casanova e Blues do País co viño do Ribeiro.

As adegas que harmonizaron os seus viños ao longo do festival foron Viña Costeira, Pazo Casanova, Gran Gandarela, Finca Viñoa, Casal de Armán e Alberte. Ademáis, os asistentes tamén tiveron a oportunidade de catar outras referencias grazas á RibeiroBarra onde se degustaron: A Telleira, Canción de Elisa, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Cuqueira, Gran Alanís, Manuel Rojo, Máis de Cunqueiro, Ramón do Casar Treixadura, Terra do Castelo Sensación, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Viña Farnadas e Viña Mein.

Catas de viños da D.O. Ribeiro e concertos se sucederon ao longo de toda a xornada que tamén contou coa realización dunha charla entre músicos e adegueiros.

Comparte...