O festival Ribeiro Son de Viño anuncia os horarios da súa vindeira edición

O festival Ribeiro Son de Viño anuncia os horarios da súa vindeira edición

Ribeiro Son de Viño, único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viños da Denominación de Orixe Ribeiro, anuncia os horarios para a súa vindeira edición, que se celebrará o 15 de xullo de 13.00 a 3.00 no entorno paradisiaco de San Vicente do Mar (O Grove).

Ribeiro Son de Viño é un festival gourmet no que as actuacións en directo se harmonizan con degustacións de viño e actividades entre adegueiros e músicos, todo elo na mesma praia da Barrosa, unha das máis emblemáticas de toda a provincia de Pontevedra.

Trátase dun festival tranquilo no que gozar dos grandes placeres da vida, como son a música e o viño, pero sen tempo para aburrirse xa que o día está cheo de actividades, que inclúen degustacións de viño e cinco actuacións en directo. As bandas confirmadas para esta edición: Malandrómeda, Escuchando Elefantes, De Vacas, Sen Senra e Kings of the Beach conforman a edición máis ecléctica de todas as que se celebraron ata o momento. Os que asistan o 15 de xullo ao Náutico de San Vicente do Mar poderán gozar dunha fusión de estilos que inclúen rap, folk, pop negro, r&b, soul, indie rock, garage, punk, surf e ata a canción do verán, Despacito, revisitada en chave galega.

Durante todo o evento, que comeza ás 13.00 horas e se estende ata as 3.00 da madrugada, os responsables das adegas Alberte, Viña Meín, Viña Costeira, Eduardo Bravo, Villanueva e Son de Arrieiro estarán a disposición de todos os asistentes para guíalos nas degustacións e conversar sobre a variedade e diversidade que esta zona ofrece, sempre cun denominador común, a calidade e as súas variedades de uva autóctonas.

As entradas para a gran celebración do verán están á venda en ticketea por 12€. Todas as entradas ao festival inclúen unha degustación gratuita dun viño da D.O. Ribeiro. Toda a información pódese seguir no FB do festival.

HORARIO

13.00 – APERTURA DE PORTAS

13.30 – INAUGURACIÓN 4º RIBEIRO SON DE VIÑO

13.45 – PRESENTACIÓN VIÑA MEIN

14.00 – DE VACAS

15.30 – PRESENTACIÓN EDUARDO BRAVO

15.45 – SEN SENRA

17.00 – PRESENTACIÓN SON DE ARRIEIRO

17.15 – CONVERSA ENTRE MÚSICOS E ADEGUEIROS

18.30 – PRESENTACIÓN CARLOS VILLANUEVA

18.45 – ESCUCHANDO ELEFANTES

20.15 – PRESENTACIÓN ALBERTE

20.30 – KINGS OF THE BEACH

23.15 – PRESENTACIÓN VIÑA COSTEIRA

23.30 – MALANDRÓMEDA

Comparte...