Grandes notas para os viños da D.O. Ribeiro en The Wine Advocate

Grandes notas para os viños da D.O. Ribeiro en The Wine Advocate

A revista de referencia The Wine Advocate publicou un artigo sobre os viños galegos da provincia de Ourens, no que os viños da  D.O. Ribeiro  saíron moi ben parados, con 20 viños por riba dos 90 puntos.

O informe realizouse trala vistia de Luis Gutiérrez, responsable de catas en España para Robert Parker, a algunhas das adegas da denominación.

Dos 31 viños valorados da denominación Ribeiro, un total de 20 referencias (17 viños brancos, 2 tintos e 1 tostado) obtiveron 90 ou máis puntos, nas súas verbas “viños espectaculares, de excepcional complexidade e carácter”. O resto de viños catados, 11 marcas (6 tintos e 5 brancos), acadaron entre 84 e 89 puntos, ou sexa, “moi bos viños, con diversos grados de finura e carácter”.

Promoción dos viños do Ribeiro en Portugal

Ademais, o pasado 31 de outubro, a D.O. Ribeiro acudiu ao 33º Festival Nacional de Gastronomía de Santarém, en Portugal; entre outras accións, foi o viño para un showcooking a cargo de Flavio Morganti.

Comparte...