A Denominación de Orixe Ribeiro recibíu aos alumnos do Instituto Galego do Viño

A Denominación de Orixe Ribeiro recibíu aos alumnos do Instituto Galego do Viño

Xornada formativa para coñeceren os viños do Ribeirono seu lugar de orixe

A Denominación de Orixe Ribeiro e o Instituto Galego do Viño estreitaron lazos cunha viaxe formativa da segunda edición do Curso Superior de Sumiller Profesional á denominación de orixe máis antiga de Galicia.

Nesta actividade práctica, os estudantes do mundo do viño puideron coñecer in situ a historia e as perspectivas da D.O. e tiveron a oportunidade de visitar os tres vales do RibeiroAvia, Arnoia e Miño-para contrastar as súas diferenzas.

O programa da xornada, liderada por Xoán Cannas e na que tamén participou o presidente da D.O. Miguel Ángel Viso,  contou coas explicacións de Bernardo Estévez sobre o coidado óptimo das viñas, respectando ao máximo os tempos e procesos da natureza; de Xosé Lois Sebio, nas viñas de Coto de Gomariz; ou cunha visita á adega de Ramón do Casar, que se encontran encravadas nun privilexiado terreo para a crianza de variedades autóctonas de uvas como treixadura, godello ou albariño, onde cataron as creacións do enólogo Pablo Estévez.

As clases teóricas deste curso para profesionais e amantes do viño desenvólvense na Cidade da Cultura dende outubro, o seu director é Xoán Cannas e conta coa participación de docentes como Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas ou Raúl Pérez, entre outros.

Comparte...