Enocións by Ribeiro, cita cos viños na Coruña

Enocións by Ribeiro, cita cos viños na Coruña

A próxima Enoción by Ribeiro será o mércores 30 de novembro, na Sala Garufa, co bluesman Adrián Costa e máis a actriz Lucía Regueiro

O ciclo Enocións by Ribeiro, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro), céntrase na Coruña con dúas sesións, unha primeira xa celebrada no Hotel Hesperia Finisterre e outra que terá lugar o 30 de novembro na Sala Garufa.

O Hotel Hesperia Finisterre acolleu a preto de 150 persoas para degustar os viños Cunqueiro (Bodegas Cunqueiro), Canción de Elisa (Adega Dona Elisa), Alberte (Bodegas Nairoa) e 3URA (Bodegas GRM), que maridaron coa proposta gastronómica do cociñeiro Pepe Solla e a sesión musical de Analís.

O presidente do C.R.D.O Ribeiro, Felicísimo Pereira, e a xerente, Cristina Alcalá, tomaron a palabra para amosar a “tradición e calidade” nos viños da denominación de orixe galega máis antiga.

A segunda parada na Coruña do ciclo celebrarase o próximo 30 de novembro na Sala Garufa (Rúa Riazor, 5) ás 20.00 horas. Enocións contará coa actuación do bluesman Adrián Costa e a presentación da actriz Lucía Regueiro.

A proposta contará cos seguintes viños do Ribeiro: Finca Viñoa (Finca Viñoa); Colección 68 Treixadura (Viña Costeira); Carlos Villanueva (Bodegas Villanueva) e Eduardo Peña (Bodega Eduardo Peña).

Comparte...