Ribeiro.wine, a nova páxina web da D.O. Ribeiro

Ribeiro.wine, a nova páxina web da D.O. Ribeiro

C.R.D.O. Ribeiro presentou a súa nova web www.ribeiro.wine . Unha web adaptada os novos tempos da era dixital e compatible coas redes sociais. “Unha actualización necesaria que axudará non só a potenciar a imaxe de calidade da D.O. Ribeiro, senón a coñecer mellor a nosa cultura e territorio”, comentou a xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá.

Un dos cambios máis reseñables é a extensión do dominio .wine. Un dominio de nivel superior que xa está sendo utilizado por grandes denominacións en varios países e que naceu con vocación global para agrupar baixo a súa extensión a todo o sector para dotalo dunha identificación única en Internet. A palabra “wine” é facilmente recoñecible polos profesionais e consumidores de todo o mundo da industria do viño e serve para facilitar o encontro na rede a todos os interesados no viño.

Outra novidade importante é que a nova web está instalada nun entorno seguro https, mediante o uso dun certificado SSL que serve para dar seguridade os usuarios da páxina web, unha maneira de facerlles saber que o sitio é auténtico, real e confiable para manexar determinados datos. “Sendo conscientes de que é unha tendencia nos sitios web, quixemos adiantarnos tamén a un posible esceario no que Internet sexa seguro na súa totalidade nos vindeiros anos”, comentou Cristina Alcalá. As siglas SSL responden os términos en inglés “Secure Socket Layer”, e trátase dun protocolo de seguridade que fai que os datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e usuario web, está totalmente cifrada ou encriptada.

Ademais, www.ribeiro.wine inclúe unha área privada entre adegas e Consello Regulador. “Un servizo que creiamos necesario para axilizar as comunicacións entre ambas partes”, destacou o presidente do organismo, Felicísimo Pereira. Un acceso privado e seguro, por medio de usuario e contrasinal persoaies, a diferentes contidos de utilidade. O obxectivo é que as adegas estean informadas dos asuntos máis relevantes e poidan acceder a documentación para axilizar trámites administrativos.

Sobre os contidos, destacar que a parte dinámica da  comunicación será actualizada de forma constante. Así, a través do Blog Ribeiro e un apartado de eventos irase publicando unha serie de contidos específicos sobre a D.O. Ribeiro que espertarán o interese dos seguidores do viño da D.O. Ribeiro e afeccionados ao viño en xeral. Como explicou Cristina Alcalá, “a idea é usar esta ferramenta para dar visibilidade ás particularidades do Ribeiro que, sen dúbida, diferénciannos doutras denominacións”.

Destacar que é unha web accesible desde todos os dispositivos móbiles tanto estáticos como dinámicos, estará en galego, castelán e inglés e é compatible coas redes sociais.

Comparte...