MILAGRES DA RIVOIRA SACRATA, CATA DE VIÑOS ECOLÓXICOS

MILAGRES DA RIVOIRA SACRATA, CATA DE VIÑOS ECOLÓXICOS

Dentro das actividades do encontro Samos Gastroconventual ten lugar Milagres da Rivoira Sacrata, unha cata de viños ecolóxicos da Ribeira Sacra harmonizado con música sacra e medieval.

A cita é o sábado 8 de decembro ás 12:30 horas no fantástico Mosteiro de Samos, e contará con Guillermo Campos, de AGAXET, e Concha Casares, de Casa Alongos.
A música estará a cargo de Iván Maia Boullosa (clarinete) e Lucía Lugrís Casares (frauta travesera).
Trátase dunha iniciativa dentro do proxecto Viños e Sentidos, de Casa Alongos.

 

Comparte...