Rubén Vilariño, da Bodeguilla de San Lázaro, campión galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia

Rubén Vilariño, da Bodeguilla de San Lázaro, campión galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia

Un total de 30 hosteileros competían no Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia que tivo lugar no Fórum Gastronómico de A Coruña. O hosteleiro campión que se alzou co título ao Mellor Tirador de cervexa de Galicia deste ano foi Rubén Vilariño, hosteleiro do restaurante La Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago. Iván Eijo, do Mesón Río Sor de Ortigueira, foi proclamado subcampión do campionato.

O obxectivo desta competición é recoñecer a destreza no servizo de cervexa dos profesionais galegos. O mellor, ademais de alzarse co galardón de Mellor Tirador de Cervexa de Galicia, terá a oportunidade de optar ao título nacional na gran final que se celebrará no mes de abril en Madrid no marco do Salón de Gourmets, onde poderán enfrentarse os mellores de outras comunidades autónomas.

A provincia con maior representación era A Coruña, con 13 participantes. Ademais do gañador, da Bodeguilla de San Lázaro, participaron hosteleiros de A Canteira de Ferrol, a Taberna Venezuela de Rois, o Mesón 7 Camiños de As Pontes ou o Mesón Río Sor de Ortigueira, e os locais de Coruña cidade como O Roncudo, El Huerto de Los Cantones, La Teresa, o restaurante Domus, Roots, Central Park, Café Bar MS ou o restaurante Miga.

Catro hosteleiros lucenses competían tamén por este galardón. Tratábase de Jaime López, de la Cafetería Yaldara do Polígono de As Gándaras, de Esteban Seoane, de  O´Porras Bar de Vilalba, de Francisco José García, de Área 507 de Outeiro de Rei e de Ana María López, do Restaurante A Nosa Terra de Lugo. Á súa vez, en representación da provincia de Ourense compitieron Tamara Vázquez do Bar Terradillos de Vilamarín e Luis Alberto de Sousa da Tapería Comonacasa de O Carballiño.

Da provincia de Pontevedra proviñan 11 participantes na competición. Representantes do Café Bar Delicias, do peruano Kero, de Reca Hollywood e da Cafetería As Chairas, todos eles en Vigo, enfrentáronse a hosteleiros do Chiringo Área dos Cans de Bueu, o Restaurante Casa Pinales de Chapela, o Bar Tintanegra de Poio, a Bodega os Arcos de Vilagarcía de Arousa, o Mesón A Vila de A Estrada, o Shark Coffee de Pontevedra e o Restaurante Coto del Águila de Redondela.

Comparte...