Señorío de Rubiós sacará ao mercado o primeiro espumoso tinto galego

Señorío de Rubiós sacará ao mercado o primeiro espumoso tinto galego

Señorío de Rubiós, da adega Coto Redondo, será un dos primeiros viños tintos espumosos de España cando salga ao mercado no próximo mes de decembro. O degole realizarase nos primeiros días de decembro e entón será sometido ao panel da cata da denominación de orixe Rías Baixas para a súa comercialización ao amparo da mesma.

Este espumoso está elaborado a partir de viño elaborado coas sete variedades tintas recollidas polo regulamento do D.O. Rías Baixas: caíña tinta, espadeiro, loureira tinta, sousón, mencía, brancellao e pedral.

Coto Redondo tamén sacará ao mercado o espumoso Señorío de Rubiós branco, elaborado a partir do o seu condado branco, un viño no que as variedades treixadura e albariño supoñen polo menos o 70 por cento, pero para o que tamén empregan loureiro e torrontés. Esta composición diferenciará ao Señorío de Rubiós do resto de espumosos do D.O. Rías Baixas, posto que estes son monovarietales albariño.

Illa de tintos

Tradicionalmente a parroquia de Rubiós, no concello das Neves, dedicouse á produción de viños tintos, até o punto de que Coto Redondo foi a primeira adega en comercializar tintos ao amparo do D.O. Rías Baixas. Para os seus tintos a adega emprega unicamente uvas producidas en Rubiós, mentres que para os brancos acepta uvas procedentes doutras zonas da subzona de O Condado.

Esta especialización na produción de tintos levou a cualificar á zona como “unha illa de tintos nun mar de brancos”.

Outros espumosos

Como onte mesmo informaba BenBo, este Nadal poderían estar no mercado até sete viños espumosos amparados polo D.O. Rías Baixas e polo menos un do D.O. Valdeorras (Brinde).

Até o momento xa contan coa contraetiqueta de Rías Baixas Burbullas do Atlántico e Mar de Frades, pero tamén esperan alcanzala LaxasBurbullas de Baladiña (adega Lagar de Besada), o espumoso  espumoso Segrel e os dous Señorío de Rubiós (Coto Redondo).

Comparte...