Ruta de viños “O camiño de Dona Delfina” en Compostela

Ruta de viños “O camiño de Dona Delfina” en Compostela

Máis de 30 locais hostaleiros de Compostela forman parte da ruta “O Camiño de Dona Delfina“, que xa dende o 28 de maio e ata o 22 de xuño, achegarán unha actividade máis ás Festas da Ascensión na cidade. Esta iniciativa está organizada polas Adegas Roandi, da D.O.Valdeorras, para dar a coñecer a anada 2013 do seu monovarietal de godello, e o seu novo rosado.

Os participantes recibirán un pasaporte que deberán cuñar en cada un dos establecementos que visiten. Cando consigan 9 selos, poden canxealos por unha botella de Bancales, viño tinto da mesma bodega, no espazo enocultural santiagués VIDE, VIDE!. Os participantes tamén poderán entrar nun sorteo de lotes de produtos de Roandi e dunha fin de semana en Valdeorras para 2 persoas con cea e aloxamento.

Comparte...